Tras 15 días de intensos partidos en xornada de tarde-noite, o Domingo 29 púxose colofón ao XII Aberto de tenis do Concello
de Cangas coas finais Masculina e Feminina.
A partires das 11:00 h deu comezo a final Feminina, enfrontándose nela Patricia Vilas a Alexandra Renda. O partido resultou
longo, duro e moi disputado, impoñéndose ao final Patricia Vilas por un apretado 7/5, 7/6.
Ás 12:30 h comezou a final masculina que disputaron Miguel Casal, vixente campión (e moooi duradeiro no tempo) fronte ao
aspirante Rodrigo Figueroa. O partido comezou sendo espectacular pola potencia que imprimía aos seus golpes Rodrigo.
Pero Miguel, logo dos xogos iniciais nivelados, acabou impoñéndose claramente, mais tendo que empregar todos os seus recursos,
que son moitos. O resultado final foi de 6/2, 6/2 favorable a Miguel Casal, un ano máis (e os que faltan, non?).
A entrega de premios estivo presidida pola Concelleira de Deportes, Toñi Queimaño, que tamén aisitiu aos posteriores pinchos cos
que, xa de xeito tradicional, a organización de Cluteca invita a tod@s os asistentes aos partidos, que unha vez máis resultou moi
numerosa ao igual que no resto do torneo.
Aos vencedores no torneo as nosas felicitacións polas victorias respectivas. Aos finalistas, esperamos que no próximo Aberto volvan
a estar aquí para tentar de novo o triunfo. E a todos os participantes (74 nesta edición) e atodos os soci@s, amigos do tenis e
afeccionados, moitas grazas polo voso apoio no torneo.
O ano que ven.... o XII máis I Aberto de Tenis do Concello de Cangas vos agarda!